O VIOLONCELLO EN TEMPOS DE GAOS

Este proxecto foi realizado coa colaboración do:

PROXECTO

Este proxecto aborda algunhas das obras para violoncello e piano escritas nas primeiras décadas do século XX tomando como punto de partida as aportacións do compositor Andrés Gaos Berea e contextualizándoas con outras obras escritas por catro compositores de Francia, Reino Unido, Hungría e España respectivamente nos primeiros vinte anos deste século.

Andrés Gaos (1874-1959) foi un violinista, compositor e pedagogo nacido na Coruña e afincado en Bos Aires durante boa parte da súa vida. Escribiu dúas obras para cello e piano que se interpretan coa edición da partitura realizada por Joam Trillo.

Humoresque, data de 1905 e ten unha duración aproximada de 10 minutos. É unha peza alegre e desenfadada, na que se alternan un estribillo que nos lembra vagamente á primeira das 5 pezas populares de Schumann (Mit Humor) e dúas estrofas de carácter contrastado entre sí, sendo a primeira delas virtuosística e a segunda de inspiración romántica e cualidade cantabile. A obra foi adicada a Charles Marchal, profesor de violoncello e colega de Gaos no Conservatorio fundado por Alberto Williams en Bos Aires.

Chant élégiaque, cunha duración aproximada de 8 minutos, data de 1917 e foi adicada ao cellista universal Pau Casals. De carácter profundamente romántico, ten reminiscencias impresionistas e armonías que lembran levemente á música de Fauré. Casals non chegou a interpretar nunca Chant élégiaque e a peza pasou a formar parte do repertorio utilizado nas súas clases por o cellista e amigo de Gaos, Charles Marchal.

O compositor inglés Frank Bridge (1879-1941) compuxo as súas 4 pezas para cello e piano entre 1901 e 1910 de modo independiente. Aínda que orixinalmente escritas para cello e piano, foron publicadas varias versións diferentes que ían dende o piano so á orquestra sinfónica. Tratase de pezas curtas e de carácter tranquilo e sereno. Berceuse data de 1901, Serenade é de 1903, Élégie de 1904 e Cradle Song está datada en 1910.

Nadia Boulanger (1887-1979), considerada por moitos como “a mellor pedagoga musical que xamás existiu”, escribiu as súas 3 pezas para cello e piano en 1914. A primeira delas, Moderé, ten unha duración de 3 minutos aproximadamente e evoca unha atmosfera transparente e de carácter impresionista. A segunda, Sans vitesse, et á l’aise, rememora a música modal e retrotrae a un ambiente de inspiración medieval. A máis brillante é quizás a tercera e última, Vite et nerveusement rythmé,  chea de xiros humorísticos e cun carácter irónico e mordaz.

Zoltan Kodaly (1882-1967) compuxo o Adagio para violín e piano en 1905 y adicou esta obra ao excepcional violinista Imre Waldbauer. En 1910 o compositor publicou as versións para viola e cello. Esta é unha peza profundamente expresiva, como a miudo ocorre coa obra de Kodaly, aínda que neste caso a expresión é íntima e reflexiva, sen o énfase nos xiros rítmicos propios da música húngara que a miudo atopamos noutras obras deste compositor.

Aínda que Enrique Granados (1867-1916) escribiu 3 pezas orixinais para cello e piano: Trova, Madrigal e Danza Andaluza, probablemente a transcripción do Intermezzo da ópera Goyescas realizada por Gaspar Cassadó en 1923 é a súa peza máis popular hoxe en día entre os cellistas. E non é extraño que sexa así porque, como é habitual na música arranxada por Gaspar Cassadó, neste caso atopámonos cunha adaptación perfectamente adecuada ao rexistro do cello e na que, ademáis de identificar con claridade o carácter elegante e altanero da música española, o cello lúcese en todo o seu potencial tímbrico.  

CAROLINA LANDRISCINI (violoncello)

Nacida en Bos Aires,  recibe a súa formación violoncellística dos profesores Jacques Doué e Xavier Gagnepain en Francia para posteriormente perfeccionarse con Janos Starker na Universidade de Indiana (EEUU). Titulada Superior de Violoncello e Música de Cámara, foi ademais gañadora da Beca Nicanor Zabaleta da Diputación de Guipúzcoa en 1995. Participou en Clases Maxistrais con profesores do prestixio de Sebok, Greenhouse, Claret, Gulyas, Helmerson, Rados ou Hofman, e en Festivais de Música como os de Prades, Manchester, Kronberg (Alemania), Lenk (Suiza), Les Arcs (Francia), Siena (Italia). En 2015 obtivo o grao de Doctora pola Universidade de A Coruña coa tesis “Aportacións de David Popper no ensino do violoncello”. 

Desenvolve a súa labor profesional na cidade da Coruña dende  o ano 2000, inicialmente como colaboradora frecuente da Orquestra Sinfónica de Galicia e profesora no Conservatorio Profesional de Música, e dende 2008 como Catedrática de violoncello no Conservatorio Superior de Música onde formou xa a numerosos novos cellistas con carreras prometedoras. Foi invitada a impartir Clases Maxistrais na ESMAE de Oporto (Portugal), no Conservatorio de Música Santa Cecilia de Roma, na Facultade de Música da Universidade de Ostrava (República Checa), na Academia de Música de Cracovia (Polonia), no Curso de verán do Festival Internacional de Música de Vitoria, no Festival e Curso Internacional Presjovem en Córdoba e no Curso Hagamos Música dende 2016.

Sempre activa como intérprete, ofreceu recitais de cello e piano en prestixiosos festivais como a Quincena Musical de San Sebastián, Festival de Segovia; Ciclos de concertos como os Martes Musicais de Vitoria e importantes salas como as de a Sociedade Filarmónica de Bilbao, Fundación Juan March ou o Centro Conde Duque en Madrid. Asemade, ofreceu concertos noutras tantas salas e auditorios de España, interpretando por exemplo a integral de sonatas para cello e piano de Beethoven en León en 2010. Formou parte dun dúo de violoncellos co que realizou una xira de concertos por Arxentina e ofreceu concertos en Francia e Grecia. No campo da música antiga interpretou concertos nos Festivais  Vía Stellae 2008, 2009 e 2010, Festival Musiquem Lleida ou no Museo de Belas Artes da Coruña, disfrutando do privilexio de tocar un violoncello G.B.Grancino de 1697.

É a presidenta da Asociación de Violoncellistas de Galicia “Soncello”, entidade coa que desenvolve unha intensa tarefa de divulgación musical e en particular do seu instrumento a través das numerosas actividades organizadas por devandita asociación. Con sede na cidade da Coruña, a Asociación celebrou eventos en todas as capitais galegas. Carolina forma parte  de  Soncello Ensemble, o conxunto de violoncellos co que grabou dous CDs, “Soncello Ensemble” en 2014 e “Cancións Galegas” en 2020 e ofreceu concertos en numerosas localidades de Galicia e España.

Desarrolla su labor profesional en la ciudad de A Coruña desde el año 2000, primero como colaboradora frecuente de la Orquesta Sinfónica de Galicia y profesora en el Conservatorio Profesional de Música de A Coruña y desde 2008 como Catedrática de violoncello en el Conservatorio Superior de Música de A Coruña donde ha formado ya a numerosos jóvenes violoncellistas con carreras prometedoras. Ha sido invitada a impartir Clases Magistrales en la ESMAE de Oporto (Portugal), el Conservatorio de Música Santa Cecilia de Roma, la Facultad de Música de la Universidad de Ostrava (República Checa), la Academia de Música de Cracovia (Polonia), Curso de verano del Festival Internacional de Música de Vitoria, Festival y Curso Internacional Presjovem en Córdoba y Curso Hagamos Música desde 2016.

Siempre activa como intérprete, ha ofrecido recitales de cello y piano en prestigiosos festivales como  la Quincena Musical de San Sebastián, Festival de Segovia; Ciclos de conciertos como los Martes Musicales de Vitoria, e importantes salas como las de la Sociedad Filarmónica de Bilbao, Fundación Juan March o el Centro Conde Duque en Madrid. Asimismo, ha ofrecido conciertos en otras tantas salas y auditorios de España, interpretando por ejemplo la integral de sonatas para cello y piano de Beethoven en León en 2010. Formó parte de un dúo de violoncellos con el que realizó una gira de conciertos por Argentina y ofreció conciertos en Francia y  Grecia. En el campo de la música antigua, ha ofrecido conciertos en los Festivales  Vía Stellae 2008, 2009 y 2010, Festival Musiquem Lleida, Museo de Bellas Artes, etc. disfrutando del privilegio de tocar un violonchelo G.B.Grancino de 1697. Es la presidenta de la Asociación de Violoncellistas de Galicia “Soncello”, entidad con la que desarrolla un intensa tarea de divulgación musical y en particular de su instrumento  a través de las numerosas actividades organizadas por dicha asociación. Con sede en la ciudad de A Coruña, la asociación ha celebrado eventos en todas las capitales gallegas. Carolina forma parte  de  Soncello Ensemble, el conjunto de violoncellos con el que ha grabado dos CDs, “Soncello Ensemble” en 2014 y “Cancións Galegas” en 2020 y ofrecido conciertos en numerosas localidades de Galicia y España.

FRANCISCO-DAMIÁN HERNÁNDEZ (piano)

Comeza os seus estudos na Escolanía de Covadonga co organista Fernando Menéndez e os continúa na Schola Cantorum de León onde recibe unha importante influencia artística de M.Martín. Tras obter o Premio Extraordinario de Piano no conservatorio de León baixo a tutela de Mª Jesús Ayala, estudia  en L`Escola de Música Barcelona  con  Albert Atenelle. Posteriormente amplia os seus estudos na Universidade de Alcalá de Henares con Ferenc Rados e Imre Rohmann con quen ademáis completa a súa formación en Salzburgo. Recibiu clases de J. Achúcarro, Melvyn Tan, T. Barto, M. Carra, E. Fischer, Mª Joao Pires,  F J .Pantín, B. Uribe, J .L .Prats, J .Colom  J.R.Méndez y  P.Badura Skoda. Obtivo varios premios, entre os que destacan o 1º premio na 10ª Mostra de Música Xove da Generalitat de Cataluña en Barcelona, e o 2º posto no 7º Concurso Infanta Cristina de Madrid.

Desenvolve  unha intensa actividade como repertorista sendo invitado regularmente a cursos, concursos e festivais internacionais tocando con personalidades musicais de prestixio. Grabou catro CDs e un DVD e críticas publicadas en revistas norteamericanas especializadas como  “The Strad” o “The Clarinet” califícano como “excellent pianist” ou  “perfect collaborator”.

En 2001 inaugurou o  5º ciclo de galerías de arte de Barcelona na Galería Maeght, e grabou en directo para Radio 2 os Cadros para unha exposición de Mussorgsky. Tocou como solista con distintas orquestras interpretando algúns dos principais concertos do repertorio pianístico en teatros e salas de Ourense, Vigo, Pontevedra, Lugo, León, Oviedo, Xixón, Cuenca, etc. Exerceu como pianista dos cursos de verán da Fundación Príncipe de Asturias, dos cursos de posgrao da Universidade de Oviedo, da Fundación Cello León (Universidade de León), das becas da  Fundación Marcelino Botín de Santander, do Conservatorio Superior de Oviedo e da ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Porto).

CONTIDOS